A festa histórica que recrea os mellores anos da cultura ourensá celebrarase o vindeiro sábado 26, incluindo unha bicicletada, concertos, cinema, un mercado creativo, exposicións e diferentes obradoiros, configurando 15 horas de programación cultural gratuita apta para todos os públicos.

20150924_105555Óscar Penín e Rebeca Babarro, membros da organización da festa histórica A Bela Auria, presentaron esta mañá o programa da 6ª edición do evento, que se vai celebrar o vindeiro sábado 26 de setembro no Xardín do Posío e a Praza de San Marcial.
Máis de 30 asociacións e uns 50 voluntarios implícanse na produción da festa, que no seu sexto ano consecutivo consolídase incluso fóra das nosas fronteiras, contando con diferentes colaboracións de expertos en didáctica de toda a península.
A Bela Auria abrirase cun Bicipaseo que sairá da Praza Maior ás 10h30 da mañá para facer un percorrido con paradas explicativas en torno á arquitectura modernista de Ourense, e con remate no Xardín do Posío, onde dará comezo o groso de actividades que vertebran o programa.
Desde as 12 da mañá, o Posio acollerá un mercado creativo con máis de 20 postos, diferentes obradoiros, exposicións, actuacións musicais, ou xogos tradicionais.
Entre os platos fortes na xornada da mañá, destacan o chantadino Anxo Moure, contacontos e activista medioambiental de coñecida traxectoria internacional, e a banda Comando Foucellas, que será a encargada da Sesión Vermú.
A partir das 13h45 dará comezo o Xantar Popular, que este ano espera reunir a 500 persoas para degustar outros tantos menús, compostos de empanada, lacón, pan e viño a un prezo de 6€.
Xa na quenda da tarde, os máis cativos serán os grandes protagonistas, para os que están dirixidos diferentes obradoiros en torno á didáctica do patrimonio, destacando o adicado ao Castelo Ramiro, o castelo medieval de Ourense, un espazo patrimonial pouco coñecido e prácticamente sen investigar.
As actividades no Posío pecharanse con música e baile, nunha foliada itinerante que dará paso ás actividades da noite, xa na Praza de San Marcial.
A recta final da festa comezará en dita praza en torno ás 22h, coa proxección do filme “Sete ocasións”, dirixido e protagonizado por Buster Keaton, e que se visionará musicado en directo pola pianista Irma Fernández. Ao remate do cine, a banda Blues do Pais ofrecerá un concertó que porá o broche final á maratoniana xornada coa súa particular reinterpretación de clásicos blues no idioma do noso país.
Con estás 15 horas de programación, A Bela Auria recupera un ano máis o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado.
PROGRAMA
10h30 (Praza Maior) – Saída do Bicipaseo // Tweed Ride
12h00 (Posío) – INAUGURACIÓN DA FESTA
Chegada da Tweed Ride
Cabezudos da Esmorga
Mercado creativo
Contacontos de Anxo Moure
Xogos Populares
Exhibición de esgrima antiga
Encontro de debuxantes (SketchCrawl)
Exposicións: Hª dos nenos, Vaites co Progreso, Bicicletas Antigas.
13h00 (Posío)
Sesión vermú: Comando Foucellas
13h4516h00 (Posío)
Xantar Popular: Empanada, Lacón, pan e viño. (6€)
15h00 (Posío)
Xuntanza fotográfica O Potiños
16h45 (Posío)
Graxos da Burga (contacontos e obradoiro)
Xogos Populares
Obradoiro de chapeus e móbiles de outono
Obradoiro Medieval sobre o Castelo Ramiro
18h30 (Posío)
Foliada popular itinerante con Rebulir
22h00 (Pza. San Marcial)
Cinema mudo musicado en directo : “7 ocasións”, de Buster Keaton
23h10 (Pza. San Marcial)
Concerto Blues do País

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s