A xente mapeando o seu barrio coa Bela Auria. Esta finde chega #ValenzáGrafías. Con Niquelarte, Rurban, Xeitura, A Zalenvá e Vincularte
Sábado 28
11 H_Xeopeliquín: cartografado colectivo dun barrio a través dunha serie de dinámicas de grupos e uns materiais cartográficos en branco.
16 H_FICO: un foro con especialistas para debater sobre o futuro das zonas rurais e rurbanas do país.
20 H_Magosto: encontro cos veciños de máis idade da Valenzá para facer unha recollida do seu coñecemento como patrimonio.
21:30 Cea colaborativa e festa coa actuación das Aureas
Domingo 29
11 H_Pequegrafías: coñecendo a contorna. Un obradoiro para pequenos, onde descobrirán o concepto de patrimonio e onde terán a oportunidade de contradicir os seus maiores.