PEDRA. Festival de Saberes
[PROGRAMA] NA REITORAL DA CHAIRA (RIÓS)
27 de AGOSTO
DE MAÑÁ
PEDRA 10:00- 14:00 🗣️🫂 Pedra a Pedra faise un [o] camiño. Obradoiro para crear un modelo de proceso comunitario sobre o patrimonio rural con Sabah Walid e Juanjo Pulido (Para xente de tódalas idades)
DE TARDE
PEDRA 17:00-18:00 🏺Barro no camiño: a olería e o traballo das mulleres con Catia Cardoso (Para xente de tódalas idades)
DE TARDE
PEDRIÑA 19:00 🗣️Contacontos de tradición oral con Uxia Morán (Para xente de tódalas idades)
28 de AGOSTO
DE MAÑÁ
PEDRA 10:00- 14:00 ⛏️ Quitamos bronce das pedras? Obradoito de arqueoloxía experimental con Aaron lackinger, Beatriz Comendador (Para xente de tódalas idades)
PEDRA 10:00- 13:00 🧺 Unha pedra no cesto. Obradoiro de cestería tradicional co CDR Portas Abertas de Vilardevós e da man de M. Dolores Alonso
🌰 Mercado de sabores e saberes locais
🏞️Exposición participativa Pola Verea
4 de SETEMBRO
DE MAÑÁ
PEDRA 10:00-14:00 🐑Tirando do fío: Cultura da la e camiños os antigos. Unha introdución ao procesado artesanal da la, con Almudena Sánchez.
DE TARDE
PEDRA 17:00 🍳🗝️Con cazolo e chave: as músicas das miñas avoas con veciñas de Feilas, Félix Castro e Hector Salgado (Para xente de tódalas idades)
4 de SETEMBRO
DE TARDE
PEDRIÑA 19:00 🍻🗣️Barferencias: O pasado nas pedras do val do Támega con Nieves Amado, Víctor Muñiz, Lucía Rodríguez, Beatriz Comendador (Para xente de tódalas idades)
4 de SETEMBRO
DE NOITE
PEDRIÑA 22:00 🔭O ceo ancestral, ven coa túa xente para observar as estrelas con Pablo Martínez (Para xente de tódalas idades)
🤴🏿👸🏻 Inauguración Exposición Mitos y Leyendas (de las Hurdes)
5 de SETEMBRO
DE MAÑÁ
PEDRA 10:00-12:00 🛖 Fitos no camiño ancestral. Que coñeces da Vía da Prata? con Carmen Pérez e Beatriz Comendador (Para xente de tódalas idades)
PEDRIÑA Contacontos con Anxo Moure
Programación e reserva de entradas para A Bela Auria

A BELA AURIA. Sábado 19 de setembro.
Alameda de arriba. Ourense.
Desde as 12h do sábado 19, o recinto estará aberto.
Haberá control para non exceder o aforo, pero non é preciso reserva de entrada para acceder ao recinto.
Alí atoparedes xogos tradicionais, mercado creativo, recunchos con lembranzas da historia da cidade, e mesmo área de lecer, “canpantollos” e enredos para cans.
PROGRAMACIÓN CON RESERVA DE ENTRADA
Malia ser de balde, a reserva é necesaria para garantir a seguridade nos espazos nos que se van desenvolver as actividades axendadas. As entradas poden tramitarse en abelaauria.eventbrite.es. Os aforos son moi limitados; por favor, sé responsable, e se non vas ir, deixa o oco para outra persoa.
A BELA AURIA regresa a Ourense, celebrando o seu décimo aniversario no centenario de NÓS

- Un universo mítico, máxico e plástico eloxiará o 19 de setembro o esplendor ourensán de hai un século.
- O evento incluirá máis de 12 horas de programación diversa, inclusiva e para toda a familia, tamén para as mascotas.
- Actividades descentralizadas, espazos amplos e control de aforos garantirán a seguridade sanitaria para o desfrute da festa.
Baixo o lema “Celebremos Nós”, o sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado, xusto cando se cumpre o centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós, e virando desta volta con reberetes de festival literario.
A Bela Auria de 2020 non será outra homenaxe, vai visibilizar aspectos transversais e temáticas que aparecen en NÓS: a infancia, as mulleres que participaron na revista, a sexualidade, a festa, a creatividade ou a música.
Orientamos esta edición da festa dende unha óptica aberta e integradora, con traducións a lingua de signos, espazo amigable coas mascotas, ou música, son e luz sen estridencias. Ademáis estamos a deseñar o recinto desde a sostibilidade, con uso de materiais reciclados e reciclables para dar forma a un universo mítico, máxico e plástico, que acollerá máis de unha ducia de horas de programación recuperando o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado.
Conscientes das complicacións deste 2020, e as medidas impostas pola pandemia, a festa pensouse con actividades descentralizadas, amplitude de espazos, e control de aforos que nos permitan manter a seguridade do público. Son moitas horas, hai oco para que todo Ourense atope A Bela Auria este día!.
Podedes ir xa remexendo no baúl do faiado, na procura da mellor chaqueta, de boinas e chapeus, faldras e boas de plumas. Sacade as mellores roupas para modear con estilo na elegante, xeitosa, e lucida cidade de NÓS!!
Turismo de InteriOUr 1: Ourense oculto
A Bela Auria VIII

A Bela Auria di “ata pronto” coa súa VIII edición que terá lugar no Liceo de Ourense este sábado 30 de setembroA festa histórica de Ourense sae á procura do Ourense máis decadente da década dos vinte e trinta. O lado escuro da cidade.
Programa:
🚲 #WeirdTweetRide coa colaboración de VOU! Axenda.com e Bilurico Medio Ambiente – Bilurico Bike
🤺 Obradoiro de #Esgrima coa colaboración da Asociación Ourensá de Esgrima Antiga
🕴 Obradoiro de #LindyHop con Eva Domínguez
🤡 #FrediClown con Alfredo Pérez Muíño
🎞 Cinema mudo con piano: Tempos Modernos. Con Olga Brañas e Susanna Blanco
🎤 Concerto das Áureas
🍽 Cea popular. Con inscrición previa en abelaauria@gmail.com
🎸 Concerto de The Alley Stompers
A Asociación Cultural A Bela Auria dalle así un “ata pronto” a un proxecto de divulgación histórica que se ve obrigado a se transformar acuciado pola falta de dilixencia nos procesos administrativos en canto a permisos e subvencións. Fartas como están de que se prioricen carpas de bancos, festas gastronómicas, alcólicas. Todas elas con menos tradición, sentido, arraigo, contido e público que A Bela Auria.
Un proxecto que se ve obrigado a ir a un espazo privado como é o Liceo, que debe reducir de 16 a 6 horas a súa programación por falta de finanzamento. Un proxecto que aínda así segue pensando en como enganchar a pequenos e maiores ao seu pasado cun programa no que se intercalan circo, música, creatividade, cinema e patrimonio cultural.
Un proxecto que segue agradecido a cidade pero que, a partir de agora, debe ir a formatos máis pequenos.
Programa da Bela Auria 2016
A bela auria 24 de setembro
10 30 iv tweed ride teatralizada – bicipaseo patrimonial dende a praza Maior
Xardín do Posío
12 00 contacontos: Anxo Moure.
12 00 obradoiros: esgrima antiga e xogos populares
12 00 encontro de sketchcrawl
12 00 zona castelo Ramiro: o castelo de ourense. Miguel Robledo
12 00 mercado creativo
13 00 sesión vermouth a cargo de Blues do País
13 45 xantruck: lacón, cuscús con verduras, bebida e cunca 6 eur
15 00 encontro fotográfico
16 45 zona castro de Oira: unha castro nas piscinas. Árbore arqueoloxía
16 45 obradoiro dos graxos da Burga. Iris Blanco
16 45 zona castelo Ramiro: o castelo de ourense. Miguel Robledo
17 00 foliada popular itinerante
19:45 concerto-recital: Cinta Adhesiva
Praza Pena Vixía
21 15 cinema musicado: “Mariñeiro de auga doce” Harold Lloyd. pola pianista Cristina R. Boado
Rúa da Liberdade
22 00 cea na rúa modernista: Lusco e Fusco ou Tarao
Praza de san Marcial
23 00 concerto de swing: The Alley Stompers
Praza da Liberdade
01:00 Picadiscos no RockClub
O Río da Vida 2016 – Un paseo cultural polo Paseo (de 0 a 100 anos)
O RÍO DA VIDA
Un paseo cultural polo Paseo (de 0 a 100 anos)
domingo 26, luns 27, sábado 2 e domingo 3
Xardíns do Padre Feijoo
O CASTELO RAMIRO
#DOMINGO 26
Feira cultural todo o día. De 11h a 13h e de 18h a 20h. Animación e obradoiros sobre arte, esgrima histórica, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades en torno á cultura medieval.
-13h Teatro. Auga Doce. A Run Run Teatro
-19h Festa viquinga (obradoiros e representación teatralizada)grupo viquingo ULF KLAN.
-20h Concerto didáctico. ALENDALÚA. Música medieval
#LUNS 27
Feira cultural todo o día. De 11h a 13h e de 18h a 20h.
Animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades en torno á cultura medieval.
-13h Contacontos. A música das árbores Anxo Moure “”
-20h Cinema mudo musicado en directo. “O moderno Sherlock Holmes” de Buster Keaton. Coa pianista Olga Brañas.
O HOTEL ROMA E OS CAFÉS DOS ANOS XX
#SÁBADO 02
Feira cultural todo o día. De 11h a 13h e de 18h a 20h.
Animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades en torno ao Ourense modernista.
-13h Teatro. H. Mme. Bechamel e Signorina Bolognesa. Trécola Teatro
-20h Concerto. Aureas
#DOMINGO 03
Feira cultural todo o día. De 11h a 13h e de 18h a 20h.
Animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades en torno ao Ourense modernista.
-13h Contacontos. A nova historia dos Graxos das Burga
-20h Concerto. Le Pompe. Temas de Django Reinhardt & Stephane Grappelli.
#ValenzáGrafías
A xente mapeando o seu barrio coa Bela Auria. Esta finde chega #ValenzáGrafías. Con Niquelarte, Rurban, Xeitura, A Zalenvá e Vincularte
Sábado 28
11 H_Xeopeliquín: cartografado colectivo dun barrio a través dunha serie de dinámicas de grupos e uns materiais cartográficos en branco.
16 H_FICO: un foro con especialistas para debater sobre o futuro das zonas rurais e rurbanas do país.
20 H_Magosto: encontro cos veciños de máis idade da Valenzá para facer unha recollida do seu coñecemento como patrimonio.
21:30 Cea colaborativa e festa coa actuación das Aureas
Domingo 29
11 H_Pequegrafías: coñecendo a contorna. Un obradoiro para pequenos, onde descobrirán o concepto de patrimonio e onde terán a oportunidade de contradicir os seus maiores.
Ourense prepárase para unha nova edición de A Bela Auria
A festa histórica que recrea os mellores anos da cultura ourensá celebrarase o vindeiro sábado 26, incluindo unha bicicletada, concertos, cinema, un mercado creativo, exposicións e diferentes obradoiros, configurando 15 horas de programación cultural gratuita apta para todos os públicos.
Óscar Penín e Rebeca Babarro, membros da organización da festa histórica A Bela Auria, presentaron esta mañá o programa da 6ª edición do evento, que se vai celebrar o vindeiro sábado 26 de setembro no Xardín do Posío e a Praza de San Marcial.
Máis de 30 asociacións e uns 50 voluntarios implícanse na produción da festa, que no seu sexto ano consecutivo consolídase incluso fóra das nosas fronteiras, contando con diferentes colaboracións de expertos en didáctica de toda a península.
A Bela Auria abrirase cun Bicipaseo que sairá da Praza Maior ás 10h30 da mañá para facer un percorrido con paradas explicativas en torno á arquitectura modernista de Ourense, e con remate no Xardín do Posío, onde dará comezo o groso de actividades que vertebran o programa.
Desde as 12 da mañá, o Posio acollerá un mercado creativo con máis de 20 postos, diferentes obradoiros, exposicións, actuacións musicais, ou xogos tradicionais.
Entre os platos fortes na xornada da mañá, destacan o chantadino Anxo Moure, contacontos e activista medioambiental de coñecida traxectoria internacional, e a banda Comando Foucellas, que será a encargada da Sesión Vermú.
A partir das 13h45 dará comezo o Xantar Popular, que este ano espera reunir a 500 persoas para degustar outros tantos menús, compostos de empanada, lacón, pan e viño a un prezo de 6€.
Xa na quenda da tarde, os máis cativos serán os grandes protagonistas, para os que están dirixidos diferentes obradoiros en torno á didáctica do patrimonio, destacando o adicado ao Castelo Ramiro, o castelo medieval de Ourense, un espazo patrimonial pouco coñecido e prácticamente sen investigar.
As actividades no Posío pecharanse con música e baile, nunha foliada itinerante que dará paso ás actividades da noite, xa na Praza de San Marcial.
A recta final da festa comezará en dita praza en torno ás 22h, coa proxección do filme “Sete ocasións”, dirixido e protagonizado por Buster Keaton, e que se visionará musicado en directo pola pianista Irma Fernández. Ao remate do cine, a banda Blues do Pais ofrecerá un concertó que porá o broche final á maratoniana xornada coa súa particular reinterpretación de clásicos blues no idioma do noso país.
Con estás 15 horas de programación, A Bela Auria recupera un ano máis o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado.
PROGRAMA
10h30 (Praza Maior) – Saída do Bicipaseo // Tweed Ride
12h00 (Posío) – INAUGURACIÓN DA FESTA
Chegada da Tweed Ride
Cabezudos da Esmorga
Mercado creativo
Contacontos de Anxo Moure
Xogos Populares
Exhibición de esgrima antiga
Encontro de debuxantes (SketchCrawl)
Exposicións: Hª dos nenos, Vaites co Progreso, Bicicletas Antigas.
13h00 (Posío)
Sesión vermú: Comando Foucellas
13h45 – 16h00 (Posío)
Xantar Popular: Empanada, Lacón, pan e viño. (6€)
15h00 (Posío)
Xuntanza fotográfica O Potiños
16h45 (Posío)
Graxos da Burga (contacontos e obradoiro)
Xogos Populares
Obradoiro de chapeus e móbiles de outono
Obradoiro Medieval sobre o Castelo Ramiro
18h30 (Posío)
Foliada popular itinerante con Rebulir
22h00 (Pza. San Marcial)
Cinema mudo musicado en directo : “7 ocasións”, de Buster Keaton
23h10 (Pza. San Marcial)
Concerto Blues do País
Ven en bici á Bela Auria VI
A Bela Auria xa está aquí de novo. Un ano enteiro agardando, cheirando a naftalina cada vez que abriamos o armario, e por fin chegou o gran día: o sábado 26. Sexta vez que nos imos atopar, coas nosas bicis, cos nosos manteliños na herba do botánico no Posío. Sexta ocasión que teremos para botarlle un fox-trot e unha muiñeira. De novo atoparnos co graxo ameazando as nosas carteiras e a nosa seriedade con ser roubadas. Voltan os obradoiros, os concertos, o mercadiño, a bicicletada. Volta a modernidade a Auria. Señora, non fique na casa whatsappeando que a ourensanidade chama por vostede!
XA ESTÁ AQUÍ O RÍO DA VIDA, XA ESTAMOS NÓS A DAR A TABARDA
SÁBADO 20: NAVEGANDO POLA PINTURA
Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.
13:00 H. Dixoo Tais e non se fale máis……….A Run Run Teatro
20:00 H Concerto de Menage a Trois
DOMINGO 21: NAVEGANDO COS GRAXOS
Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre sobre a historia dos Graxos da Burga e xogos populares.
20:00 H Concerto-recital de AldaoLado: Sempre en Ibiza.
SÁBADO 27: NAVEGANDO POLA HISTORIA
Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.
13:00 H. Cling!……….Trécola Teatro
20:00 H Cinema mudo musicado en directo pola pianista Irma Fernández
DOMINGO 28: NAVEGANDO CO XOGO
Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.
20:00 H Concerto de Chamuyo Tango.
Dixitalizando a obra de Xaime Quessada
Hoxe andamos a dixitalizar a obra de Xaime Quessada. A fotógrafa Alba Rubín uniuse á equipa de A Bela Auria para poder encher de contido esa ferramenta que deseñamos en setembro e que se chama http://www.labirintoquessada.com
Este xoves ás 19:30 H no museo do Barrio
Conferencia de Xurxo Ayán no Museo do Barrio
Unha vez rematado o entroido, poñémonos serios outra vez. Xurxo Ayán é un dos expertos máis identificables do panorama arqueolóxico actual. Responsable de soltar varias bombas teóricas e mediáticas nos últimos anos. Estará connosco, no Museo do Barrio, o próximo 26 de febreiro a partir das 19:30. Imprescindible
Commparsa de Entroido 2015
A Bela Auria, como Sísifo, está condenada a repetir unha e outra vez as mesmas cousas. ESTAMOS PERDENDO O NOSO PATRIMONIO CULTURAL!!!!!!!!!
Para exemplo, a rúa do Progreso. Nun estado lamentable, cos edificios máis emblemáticos caendo e, por riba, sendo atacada pola especulación.
Por iso o próximo DOMINGO 15 saímos unha vez máis a rúa, para aproveitar a cabalgata de Entroido para reivindicar un mellor trato para o noso patrimonio. Estades todas convidadas a unirvos coas vosas galas a nosa comparsa……
ÚNETE AOS GRAXOS…..DEFENDE O TEU PATRIMONIO
COMANDO FOUCELLAS. MÚSICA ANOS 20 PARA ESTE SÁBADO
A Coral De Ruada. Cinema musicado
Se falamos dun proxecto no que participou xente como Vicente Risco, Faustino Santalices, Manuel de Dios ou o Cuco de Velle entre outros moitos, só podemos falar da Coral De Ruada. Unha casa grande da cultura.
Mañá ás 20:30 de balde, recuperan unha das primeiras pezas do cinema galego e, ademais, musícano en directo. Como se fose a mesmísima noite da Bela!!!!!!!!!
E así foi a Bela Auria V
Para as que non puidestes estar e para os que queredes lembar. Así foi a Bela Auria V. Unha data leda, viva, chea de historia e festa. A celebración e o encontro dos que nos gusta Ourense. Nenas e maiores, graxos e espadachíns. Cabezudos e gaiteiras. Xogos populares. Camisolas que sentan ben. Bicis vestindo á cidade con elegancia. Debuxantes e arqueólogas. Obradoiros e comercio. Moita música. Xantar na herba. Xente moderna. Cinema clásico. Fotos e máis fotos. Un pracer compartido con todos os ourensáns e tamén coa xente que chegou de fóra. Graciñas polas fotos a Miguel Doval, Pablo Rodríguez e aos nosos amigos dos Bicipaseos Patrimoniais. Estamos inmensamente agradecidas a todas as voluntarias e voluntarios que participaron na organización. A Bela Auria é vosa! Seguídenos no twitter, no facebook e tamén na nosa canle de Youtube para estar ben informadas. Vémonos na edición do ano que ven aínda que, de seguro, habémonos atopar antes nalgunha nova cita.
PROGRAMA DE A BELA AURIA 2014
10 30 II TWEED RIDE – BICIPASEO PATRIMONIAL DENDE A PRAZA MAIOR
XARDÍN DO POSÍO
12 00 INAUGURACIÓN E “OFRENDA FRUGAL” A CARGO DO RETÓRICO”
12 00 ENCONTRO DE SketchCrawl
12 00 OBRADOIROS: ESGRIMA ANTIGA, ILUSTRACIÓN E XOGOS POPULARES
12 00 ZONA PEQUENO CASTRO DE OIRA: aprendendo a cazar, a cociñar, a facer lume…
12 00 Mercado creativo
12 15 GRANDE ACTUACIÓN:“DAÑINOS DAS BURGAS” COS CABEZUDOS DA ESMORGA
13 30 SESIÓN VERMOUTH A CARGO DE MENAGE A TROIS
14 15 XANTAR POPULAR: EMPANADA, LACÓN, PAN E VIÑO 6 EUR
16 45 OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES, MÓBILES DO OUTONO
16 45 CONTACONTOS DOS GRAXOS DA BURGA E OBRADOIRO
16 45 ZONA PEQUENO CASTRO DE OIRA: pequenos arqueólogos
17 00 A RUN RUN TEATRO: “ULO SWING”
20 00 concerto do “comando foucellas”
PRAZA DE SAN MARCIAL
21 15 FOLIADA POPULAR nas proximidades DE SAN MARCIAL
23:00 CINEMA MUDO MUSICADO EN DIRECTO
23 30 CONCERTO DE “MIñOR SWING”