E así foi a Bela Auria V

Para as que non puidestes estar e para os que queredes lembar. Así foi a Bela Auria V. Unha data leda, viva, chea de historia e festa. A celebración e o encontro dos que nos gusta Ourense. Nenas e maiores, graxos e espadachíns. Cabezudos e gaiteiras. Xogos populares. Camisolas que sentan ben. Bicis vestindo á cidade con elegancia. Debuxantes e arqueólogas. Obradoiros e comercio. Moita música. Xantar na herba. Xente moderna. Cinema clásico. Fotos e máis fotos. Un pracer compartido con todos os ourensáns e tamén coa xente que chegou de fóra. Graciñas polas fotos a Miguel Doval, Pablo Rodríguez e aos nosos amigos dos Bicipaseos Patrimoniais. Estamos inmensamente agradecidas a todas as voluntarias e voluntarios que participaron na organización. A Bela Auria é vosa! Seguídenos no twitter, no facebook e tamén na nosa canle de Youtube para estar ben informadas. Vémonos na edición do ano que ven aínda que, de seguro, habémonos atopar antes nalgunha nova cita.

O pase de diapositivas require JavaScript.

A Bela Auria V

 

Anuncio data Bela Auria 2014Ehem, ehem (aclarando a voz). Distinguidas donas, meus señores, cativas e pícaros da cidade. A Bela Auria Volta. Así con V maiúscula. A elegante, a xeitosa, a lucida, a amable, a esplendorosa Atenas de Galicia regresa no tempo por quinta vez. Teremos ocasión de revisitar a cidade de NÓS o vindeiro sábado 27 de setembro. Logo tomen nota e vaian remexendo no armario da naftalina na procura da chaqueta que mellor se axuste. Agardamos poder gozar da súa presenza. Despídense con moito cariño todas as belaurianas.