A Bela Auria VIII

bras cartel def.jpg

A Bela Auria
di “ata pronto” coa súa VIII edición que terá lugar no Liceo de Ourense este sábado 30 de setembro
A festa histórica de Ourense sae á procura do Ourense máis decadente da década dos vinte e trinta. O lado escuro da cidade.


Programa:
🚲 #WeirdTweetRide coa colaboración de VOU! Axenda.com e Bilurico Medio Ambiente – Bilurico Bike
🤺 Obradoiro de #Esgrima coa colaboración da Asociación Ourensá de Esgrima Antiga
🕴 Obradoiro de #LindyHop con Eva Domínguez
🤡 #FrediClown con Alfredo Pérez Muíño
🎞 Cinema mudo con piano: Tempos Modernos. Con Olga Brañas e Susanna Blanco
🎤 Concerto das Áureas
🍽 Cea popular. Con inscrición previa en abelaauria@gmail.com
🎸 Concerto de The Alley Stompers

A Asociación Cultural A Bela Auria dalle así un “ata pronto” a un proxecto de divulgación histórica que se ve obrigado a se transformar acuciado pola falta de dilixencia nos procesos administrativos en canto a permisos e subvencións. Fartas como están de que se prioricen carpas de bancos, festas gastronómicas, alcólicas. Todas elas con menos tradición, sentido, arraigo, contido e público que A Bela Auria.

Un proxecto que se ve obrigado a ir a un espazo privado como é o Liceo, que debe reducir de 16 a 6 horas a súa programación por falta de finanzamento. Un proxecto que aínda así segue pensando en como enganchar a pequenos e maiores ao seu pasado cun programa no que se intercalan circo, música, creatividade, cinema e patrimonio cultural.

Un proxecto que segue agradecido a cidade pero que, a partir de agora, debe ir a formatos máis pequenos.

E así foi a Bela Auria V

Para as que non puidestes estar e para os que queredes lembar. Así foi a Bela Auria V. Unha data leda, viva, chea de historia e festa. A celebración e o encontro dos que nos gusta Ourense. Nenas e maiores, graxos e espadachíns. Cabezudos e gaiteiras. Xogos populares. Camisolas que sentan ben. Bicis vestindo á cidade con elegancia. Debuxantes e arqueólogas. Obradoiros e comercio. Moita música. Xantar na herba. Xente moderna. Cinema clásico. Fotos e máis fotos. Un pracer compartido con todos os ourensáns e tamén coa xente que chegou de fóra. Graciñas polas fotos a Miguel Doval, Pablo Rodríguez e aos nosos amigos dos Bicipaseos Patrimoniais. Estamos inmensamente agradecidas a todas as voluntarias e voluntarios que participaron na organización. A Bela Auria é vosa! Seguídenos no twitter, no facebook e tamén na nosa canle de Youtube para estar ben informadas. Vémonos na edición do ano que ven aínda que, de seguro, habémonos atopar antes nalgunha nova cita.

O pase de diapositivas require JavaScript.

A Bela Auria V

 

Anuncio data Bela Auria 2014Ehem, ehem (aclarando a voz). Distinguidas donas, meus señores, cativas e pícaros da cidade. A Bela Auria Volta. Así con V maiúscula. A elegante, a xeitosa, a lucida, a amable, a esplendorosa Atenas de Galicia regresa no tempo por quinta vez. Teremos ocasión de revisitar a cidade de NÓS o vindeiro sábado 27 de setembro. Logo tomen nota e vaian remexendo no armario da naftalina na procura da chaqueta que mellor se axuste. Agardamos poder gozar da súa presenza. Despídense con moito cariño todas as belaurianas.

A Bela Auria Pequeniña – 26 de decembro en Ourense

bela auria pequeniña apaisado

Chega a Bela Auria Pequeniña. Unha festa histórica para pequenas e pequenos.

Xoves 26 de decembro. Liceo de Ourense. 18:00h

Unha festa na que podes vir vestido ao estilo da época dos anos 20 para gozar dun menú cultural e artístico moi especial. Coñeceremos como era un cinema clásico, onde a película non tiña son e había un pianista que interpretaba a banda sonora en directo. Tamén os magos e os contacontos tiñan un papel moi relevante, levándonos de viaxe coa imaxinación e sorprendéndonos cos máis abraiantes trucos. Por último, as festas eran un lugar de encontro e lecer para os pequenos e maiores. Abonda cun sorriso e gañas de mover a cadeira para pasar un día fantástico.

Cinema: Viaxe á Lúa e O Hotel Mecánico. Co piano de Irma Fernández Alonso.

Teatro e Maxia: A Historia de Brancaflor. Con Fran Rei Festa despedida con música e baile.

Prezo 5€ Prezo con obradoiros 15€ Entradas á venda no Liceo unha hora antes do comenzo do evento.

Obradoiros de traxes clásicos os días 23 e 24 de 10 a 13:30h. Obradoiros destinados á nenas e nenos de entre 8 e 12 anos. Límite de prazas 20. Inscríbete antes do 20 de decembro chamando ao 650 05 70 11 ou escribindo un correo a begogal@xeitura.com cos teus datos persoais e teléfono de contacto.

A Bela Auria 2013 o 21 de setembro

ImaxeA Bela Auria regresará o vindeiro 21 de setembro coa súa oferta cultural e gratuíta. Apostamos por seguir o noso camiño, desta vez acompañados por novos colectivos e polo empresariado cultural e ambiental da cidade que decidiron formar parte activa deste proxecto.

Unha tweed ride, un bicomún, visitas guiadas aos legados culturais e ambientais da contorna do Posío, música, cinemaexposicións, teatro e música misturaranse todo o sábado durante 16 horas de recreación dos mellores anos da cultura ourensá.

Nuns días daremos a coñecer a programación íntegra desta nova edición da Bela Auria.