XA ESTÁ AQUÍ O RÍO DA VIDA, XA ESTAMOS NÓS A DAR A TABARDA

SÁBADO 20: NAVEGANDO POLA PINTURA

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.

13:00 H. Dixoo Tais e non se fale máis……….A Run Run Teatro

20:00 H Concerto de Menage a Trois

DOMINGO 21: NAVEGANDO COS GRAXOS

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre sobre a historia dos Graxos da Burga e xogos populares.

20:00 H Concerto-recital de AldaoLado: Sempre en Ibiza.

SÁBADO 27: NAVEGANDO POLA HISTORIA

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.

13:00 H. Cling!……….Trécola Teatro

20:00 H Cinema mudo musicado en directo pola pianista Irma Fernández

DOMINGO 28: NAVEGANDO CO XOGO

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.

20:00 H Concerto de Chamuyo Tango.

rioweb

Commparsa de Entroido 2015

A Bela Auria, como Sísifo, está condenada a repetir unha e outra vez as mesmas cousas. ESTAMOS PERDENDO O NOSO PATRIMONIO CULTURAL!!!!!!!!!

Para exemplo, a rúa do Progreso. Nun estado lamentable, cos edificios máis emblemáticos caendo e, por riba, sendo atacada pola especulación.

Por iso o próximo DOMINGO 15 saímos unha vez máis a rúa, para aproveitar a cabalgata de Entroido para reivindicar un mellor trato para o noso patrimonio. Estades todas convidadas a unirvos coas vosas galas a nosa comparsa……

ÚNETE AOS GRAXOS…..DEFENDE O TEU PATRIMONIO

logo comparsa

A Coral De Ruada. Cinema musicado

Se falamos dun proxecto no que participou xente como Vicente Risco, Faustino Santalices, Manuel de Dios ou o Cuco de Velle entre outros moitos, só podemos falar da Coral De Ruada. Unha casa grande da cultura.

Mañá ás 20:30 de balde, recuperan unha das primeiras pezas do cinema galego e, ademais, musícano en directo. Como se fose a mesmísima noite da Bela!!!!!!!!!

Cartaz01b