Programación e reserva de entradas para A Bela Auria

entradas A Bela

A BELA AURIA. Sábado 19 de setembro.
Alameda de arriba. Ourense.

Desde as 12h do sábado 19, o recinto estará aberto.

Haberá control para non exceder o aforo, pero non é preciso reserva de entrada para acceder ao recinto.

Alí atoparedes xogos tradicionais, mercado creativo, recunchos con lembranzas da historia da cidade, e mesmo área de lecer, “canpantollos” e enredos para cans.

PROGRAMACIÓN CON RESERVA DE ENTRADA

Malia ser de balde, a reserva é necesaria para garantir a seguridade nos espazos nos que se van desenvolver as actividades axendadas. As entradas poden tramitarse en abelaauria.eventbrite.es. Os aforos son moi limitados; por favor, sé responsable, e se non vas ir, deixa o oco para outra persoa.

11h00 | Visita guiada: NÓS e Blanco Amor. [Reserva AQUÍ]
12h00 | Circanelo  (Novo circo, por Fredi & Cía). [Reserva AQUÍ]
12h40 | O Nubinete e o paraugas Dameaugas. (Contacontos por Anxo Moure). [Reserva AQUÍ]
13h15 | Obradoiro de Lindy Hop. [Reserva AQUÍ]
13h30 | Sesión vermú: The Swinging Flamingos. [Reserva AQUÍ]
——-
——-PAUSA PARA XANTAR——-
——-
17h30 |  Escape Room: O misterio das linguas de NÓS. [Reserva AQUÍ]
18h00 | NÓS, as mulleres. Visita teatralizada. [Reserva AQUÍ]
18h00 | Obradoiro de esgrima antiga. [Reserva AQUÍ]
18h00 | ACTO POÉTICO CENTRAL. [Reserva AQUÍ]
19h15 | Carmen Conde: TABÚ. -Teatro. Monólogo. Narración oral-[Reserva AQUÍ]
21h45 | Cinema musicado: A quimera do ouro. [Reserva AQUÍ]
23h30 | Concerto Marian Ledesma & Tinaquero Brothers. [Reserva AQUÍ]

A BELA AURIA regresa a Ourense, celebrando o seu décimo aniversario no centenario de NÓS

A Bela Auria 2020
  • Un universo mítico, máxico e plástico eloxiará o 19 de setembro o esplendor ourensán de hai un século.
  • O evento incluirá máis de 12 horas de programación diversa, inclusiva e para toda a familia, tamén para as mascotas.
  • Actividades descentralizadas, espazos amplos e control de aforos garantirán a seguridade sanitaria para o desfrute da festa.

 

Baixo o lema “Celebremos Nós”, o sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado, xusto cando se cumpre o centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós, e virando desta volta con reberetes de festival literario.

A Bela Auria de 2020 non será outra homenaxe, vai visibilizar aspectos transversais e temáticas que aparecen en NÓS: a infancia, as mulleres que participaron na revista, a sexualidade, a festa, a creatividade ou a música.

Orientamos esta edición da festa dende unha óptica aberta e integradora, con traducións a lingua de signos, espazo amigable coas mascotas, ou música, son e luz sen estridencias. Ademáis estamos a deseñar o recinto desde a sostibilidade, con uso de materiais reciclados e reciclables para dar forma a un universo mítico, máxico e plásticoque acollerá máis de unha ducia de horas de programación recuperando o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado.

Conscientes das complicacións deste 2020, e as medidas impostas pola pandemia, a festa pensouse con actividades descentralizadas, amplitude de espazos, e control de aforos que nos permitan manter a seguridade do público. Son moitas horas, hai oco para que todo Ourense atope A Bela Auria este día!.

Podedes ir xa remexendo no baúl do faiado, na procura da mellor chaqueta, de boinas e chapeus, faldras e boas de plumas. Sacade as mellores roupas para modear con estilo na elegante, xeitosa, e lucida cidade de NÓS!!

A Bela Auria VIII

bras cartel def.jpg

A Bela Auria
di “ata pronto” coa súa VIII edición que terá lugar no Liceo de Ourense este sábado 30 de setembro
A festa histórica de Ourense sae á procura do Ourense máis decadente da década dos vinte e trinta. O lado escuro da cidade.


Programa:
🚲 #WeirdTweetRide coa colaboración de VOU! Axenda.com e Bilurico Medio Ambiente – Bilurico Bike
🤺 Obradoiro de #Esgrima coa colaboración da Asociación Ourensá de Esgrima Antiga
🕴 Obradoiro de #LindyHop con Eva Domínguez
🤡 #FrediClown con Alfredo Pérez Muíño
🎞 Cinema mudo con piano: Tempos Modernos. Con Olga Brañas e Susanna Blanco
🎤 Concerto das Áureas
🍽 Cea popular. Con inscrición previa en abelaauria@gmail.com
🎸 Concerto de The Alley Stompers

A Asociación Cultural A Bela Auria dalle así un “ata pronto” a un proxecto de divulgación histórica que se ve obrigado a se transformar acuciado pola falta de dilixencia nos procesos administrativos en canto a permisos e subvencións. Fartas como están de que se prioricen carpas de bancos, festas gastronómicas, alcólicas. Todas elas con menos tradición, sentido, arraigo, contido e público que A Bela Auria.

Un proxecto que se ve obrigado a ir a un espazo privado como é o Liceo, que debe reducir de 16 a 6 horas a súa programación por falta de finanzamento. Un proxecto que aínda así segue pensando en como enganchar a pequenos e maiores ao seu pasado cun programa no que se intercalan circo, música, creatividade, cinema e patrimonio cultural.

Un proxecto que segue agradecido a cidade pero que, a partir de agora, debe ir a formatos máis pequenos.

XA ESTÁ AQUÍ O RÍO DA VIDA, XA ESTAMOS NÓS A DAR A TABARDA

SÁBADO 20: NAVEGANDO POLA PINTURA

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.

13:00 H. Dixoo Tais e non se fale máis……….A Run Run Teatro

20:00 H Concerto de Menage a Trois

DOMINGO 21: NAVEGANDO COS GRAXOS

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre sobre a historia dos Graxos da Burga e xogos populares.

20:00 H Concerto-recital de AldaoLado: Sempre en Ibiza.

SÁBADO 27: NAVEGANDO POLA HISTORIA

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.

13:00 H. Cling!……….Trécola Teatro

20:00 H Cinema mudo musicado en directo pola pianista Irma Fernández

DOMINGO 28: NAVEGANDO CO XOGO

Feira cultural todo o día. Dende as 11-13 H. e dende as 18-20 H. animación e obradoiros sobre arte, historia, contacontos e xogos populares para nenos de todas as idades.

20:00 H Concerto de Chamuyo Tango.

rioweb

E así foi a Bela Auria V

Para as que non puidestes estar e para os que queredes lembar. Así foi a Bela Auria V. Unha data leda, viva, chea de historia e festa. A celebración e o encontro dos que nos gusta Ourense. Nenas e maiores, graxos e espadachíns. Cabezudos e gaiteiras. Xogos populares. Camisolas que sentan ben. Bicis vestindo á cidade con elegancia. Debuxantes e arqueólogas. Obradoiros e comercio. Moita música. Xantar na herba. Xente moderna. Cinema clásico. Fotos e máis fotos. Un pracer compartido con todos os ourensáns e tamén coa xente que chegou de fóra. Graciñas polas fotos a Miguel Doval, Pablo Rodríguez e aos nosos amigos dos Bicipaseos Patrimoniais. Estamos inmensamente agradecidas a todas as voluntarias e voluntarios que participaron na organización. A Bela Auria é vosa! Seguídenos no twitter, no facebook e tamén na nosa canle de Youtube para estar ben informadas. Vémonos na edición do ano que ven aínda que, de seguro, habémonos atopar antes nalgunha nova cita.

O pase de diapositivas require JavaScript.

A Bela Auria V

 

Anuncio data Bela Auria 2014Ehem, ehem (aclarando a voz). Distinguidas donas, meus señores, cativas e pícaros da cidade. A Bela Auria Volta. Así con V maiúscula. A elegante, a xeitosa, a lucida, a amable, a esplendorosa Atenas de Galicia regresa no tempo por quinta vez. Teremos ocasión de revisitar a cidade de NÓS o vindeiro sábado 27 de setembro. Logo tomen nota e vaian remexendo no armario da naftalina na procura da chaqueta que mellor se axuste. Agardamos poder gozar da súa presenza. Despídense con moito cariño todas as belaurianas.

A Bela Auria IV

collage bela auria

Que ledicia foi compartir este día todos xuntos. Que demostración de amor pola cidade de Ourense. Pola súa historia, pola súa cultura, pola súa tradición. Ese sentimento de orgullo de poder facer as cousas xuntos, sacar adiante un proxecto tan bonito no que participa tanta xente con tanto traballo desinteresado. Ese é o espírito da Bela Auria. Que por moitos anos dure.

Cartel e programa de A Bela Auria 2013

bras cartel 130827.cdrPrograma A Bela Auria 2013
Xardín do Posío

10:00h Tweed Ride Ourense – IV Paseo Bicipatrimonial
11:45h Inauguración da Bela Auria IV. Apertura do mercadiño
12:00h II BIComun: visita comentada ao Xardín do Posío
12:00 h Expos “Memoria de La Molinera”e “Historia dos Nenos”
12:30h Animación musical e os cabezudos da Esmorga
13:15h Concerto do Sonoro Maxín.
14:15h Xantar Popular. Empanada e lacón. 6 €
16:30h Obradoiros
-Obradoiro infantil de arqueoloxía
-Obradoiro xogos populares
-Obradoiro de esgrima antigo
-Obradoiro de contrución de xogos artesáns.
-Contacontos Os Graxos das Burgas
19:00h Grande actuación da Orquestra Os Modernos

Praza de san Marcial

22:00h Cinema clásico: Liberty de Laurel & Hardy. Co Cineclube Padre Feijoo e o piano de Irma Fernández
22:30h Obradoiro de Lindy Hop. Con Lindy Hop Bueu
23:00h Concerto de Mary´s Swing Band
00:30h Fin de festa Dj´s de época

 

Encántanos a sombrerería La Lucha

sombrererialaluchaGozamos con ese Ourense que viaxa no tempo, que percorre os anos para chegar fresco e moderno aos nosos días. Por iso é un pracer ter compañeiros de ruta como a sombrerería La Lucha. Porque son históricos e completamente contemporáneos. Así é A Bela Auria. Unha festa histórica que nos leva case 100 anos atrás, ao tempo das ourensás vivas, activas, con maxia nos ollos, elegantes tan só cun sombreiro. Por iso, se mercades durante estes días na tenda da Rúa das Tendas 3, aberta dende o 1917, teredes descontos especiais.

Xa se respira aroma de festa histórica na cidade.

A Bela Auria III

Amigas e amigos: aquí estamos de novo, e van 3! A Bela Auria chega de novo con máis gañas de facervos bailar e gozar dunha festa estilo anos 20. O modernismo inunda os nosos corazóns, e estamos seguros de que vos ides deixar levar polo ritmo desenfrenado da nosa festa. Este ano todas as actividades trasládanse ao sábado, o 29 de setembro, nunha maratón á altura dos máis resistentes. Así, dende as 11:30h, o Xardín do Posío abre as súas portas para que traiades aos vosos cativos a pasalo ben cos xogos tradicionais. Non esquezades tamén o mantel de cadros e a fiambreira, porque teremos un xantar popular. Haberá tamén feira de comerciantes, contacontos, música en vivo… E pola noite o cabaret! Ao igual que na anterior edición, queremos revivir ese espírito dos Cafés Cantantes e dos Cinemas que había na nosa cidade, así que haberá cinema mudo con piano ao vivo e máis unha sesión de música para soltar as cadeiras no patio do Liceo a partires das 21:30h.

A.L.L. Latin Jazz

No noso afán por revivir o ambiente musical e cultural dos anos 20 e 30 en Auria, nesta II edición traémosvos a través do túnel do tempo o Café Cantante. Os nosos avós pasaban o seu tempo nestes cafés (Bilbaína, Royalty…) escoitando boa música e asistindo a espectáculos de variedades de todo tipo. Para inaugurar o escenario desta nova andaina contaremos con A.L.L. Latin Jazz: Alfonso Medela ao piano, Leo Pimentel á batería e Loren Tabarés ao contrabaixo que nos ofrecerán unha boa ración dos mellores clásicos deste xénero. Xa o sabes, este sábado 29 de outubro no Liceo de Ourense, despois do cinema e antes da sesión de música dos anos 20 despexa os oídos cos A.L.L. Latin Jazz.

Perlas para os nenos

Exposición que inauguramos e exposición que pre-presentamos. Así introducimos un dos temas que imos tratar nesta edición de A Bela Auria: a infancia. A semana que ven inauguraremos a exposición sobre a historia da infancia en Ourense denominada”O século dos nenos”. Aquí deixamos a súa introdución
.

graciñas e a pensar na do ano que ven

De volta ao presente, despois desta marabillosa viaxe no tempo que foi a Bela Auria. Queremos agradecer a todos os que participaron e colaboraron nesta primeira edición, a todos os cidadáns que se achegaron onte a revivir un anaquiño da nosa historia. Graciñas aos Gómes Mouro pola verbena… e pola paciencia e comprensión, e nomeadamente a Cástor e Félix Castro por esas xoias de música de ambiente. Graciñas a Diana Martínez e Emma Méndez de ALEHOU pola dedicación e esforzo. Graciñas a todos os conferenciantes: Ana Cebreiros, Jose María Eguileta, José Cabañas e Jose Ramón Gómez Cachaldora por contaxiarnos da súa sabedoría. Graciñas ao Alexandre e a todos os Rebulir, e aos do Pé Descalzo pola festa que levan con eles. Graciñas ao Coro de Voces Brancas do Orfeón por amosar que hai canteira de futuros cantores en Auria. Graciñas ao coro do Orfeón Unión Ourensá e máis á Coral de Ruada por emocionarnos co seu son. Graciñas a Isabel Pérez, Concelleira de Cultura, por velo claro dende o principio e a Marcos e a Alex polo traballo canda nós. E tamén graciñas aos concelleiros Demetrio Espinosa e Marta Arribas e a todo o persoal da Concellería de Medioambiente e da Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado. Graciñas a Xabier e Anxo por ese anaco de historia chamada NÓS, pola súas ideas e polo seu apoio. Graciñas a Lois, Ángeles e demais brinquedios por enredar aos cativos e amosarlles que é posible gozar sen enchufes. Graciñas a Rafa Salgado e ao Arquivo Visual Ourensán por estares apoiando a festa dende o principio e por abrirnos os ollos con Ourense no tempo.  Graciñas ao Arquivo Municipal e ao Arquivo de La Región por tan bonitas fotos. Graciñas a Félix e toda a xente de IGAIS por poñer a andar a festa e estar ao pé do canón todo o día. Graciñas a Diego e aos demais membros da Asociación de Esgrima Histórico por ensinarnos as súas artes.  Graciñas a Ana Pérez, á Concelleira de  Benestar de Allariz Mª Pilar Gallego e a todas as mulleres que compartiron con nós a súa sabedoría sobre herbas mediciñais. Graciñas a Manuel Precedo e a todo o colectivo do Cineclube Padre Feijoo por exercer tan ben o oficio de cinematógrafos. Graciñas a Rubén e máis aos Irmandiños de Seixalbo; a Jose Manuel, Carmen e todos os Amigos da República polo apoio e a participación. Graciñas a Susana, Arturo e a todo o persoal do IES Otero Pedrayo por abrirnos as portas do templo académico de Ourense. Graciñas a Begoña Garrido por nos facer sentir auténticos arqueólogos por un día. Graciñas a Emilio e a toda a organización do Centro Comercial Aberto polo seu traballo.  Graciñas a Mercedes Alcalá de Limiar pola ilusión e o ánimo que nos transmitiu. Graciñas a Jose Paz polo seu apoio e a Maribel Outeiriño pola súa ilusión e por ilustrarnos sobre a moda e costumes da época cos seus Catro Tempos. Graciñas a Raúl Pinheiro e a toda a xente da Esmorga, por levarnos de viaxe cos seus contos. Graciñas Juan e toda a tropa de abordo do Picasso pola suor e a simpatía. Graciñas a Bea Hervella polo sol no ceo e polo apoio dende a tele, e graciñas a todos os medios que nos acollestes tan ben. Graciñas a Conchita de Amorín por poñernos tan guapos. Graciñas a Chisco por compartir con nós os primeiros pasos da idea. Graciñas a Natalia e Xúa por querer tanto á Bela Auria e ser motor e inspiración dela. Graciñas a Pablo, Ico e a todos Óscar Allos polo cuarteliño e por ser o espírito da festa.  Graciñas, Lele e Alba, por todo o traballo e por axudar a visualizar a idea e a que quede na memoria. Graciñas, David, Lore e Uxía por currar sen perder nunca o sorriso, e graciñas Carlos Rafael por ser un todoterreo. Graciñas, Marta e Bea polas costuras a costa da dor nas costas e pola boa atención aos visitantes. Graciñas a Ángel e Pepe polos arcóns e o trampantollo e  parabéns, xunto con Susana, por Julia, que naceu coa sorte da Bela Auria. Graciñas a Carlos por deslombarse con nós,  a Reis por aturarnos e levalo todo con sentidiño e a Antía porque será unha das organizadoras dentro de 20 anos.

E todos a pensar dende xa na Bela Auria do ano que ven. Comentarios e correos sexan benvidos.