A Bela Auria regresará o vindeiro 21 de setembro coa súa oferta cultural e gratuíta. Apostamos por seguir o noso camiño, desta vez acompañados por novos colectivos e polo empresariado cultural e ambiental da cidade que decidiron formar parte activa deste proxecto.
Unha tweed ride, un bicomún, visitas guiadas aos legados culturais e ambientais da contorna do Posío, música, cinema, exposicións, teatro e música misturaranse todo o sábado durante 16 horas de recreación dos mellores anos da cultura ourensá.
Nuns días daremos a coñecer a programación íntegra desta nova edición da Bela Auria.