De volta ao presente, despois desta marabillosa viaxe no tempo que foi a Bela Auria. Queremos agradecer a todos os que participaron e colaboraron nesta primeira edición, a todos os cidadáns que se achegaron onte a revivir un anaquiño da nosa historia. Graciñas aos Gómes Mouro pola verbena… e pola paciencia e comprensión, e nomeadamente a Cástor e Félix Castro por esas xoias de música de ambiente. Graciñas a Diana Martínez e Emma Méndez de ALEHOU pola dedicación e esforzo. Graciñas a todos os conferenciantes: Ana Cebreiros, Jose María Eguileta, José Cabañas e Jose Ramón Gómez Cachaldora por contaxiarnos da súa sabedoría. Graciñas ao Alexandre e a todos os Rebulir, e aos do Pé Descalzo pola festa que levan con eles. Graciñas ao Coro de Voces Brancas do Orfeón por amosar que hai canteira de futuros cantores en Auria. Graciñas ao coro do Orfeón Unión Ourensá e máis á Coral de Ruada por emocionarnos co seu son. Graciñas a Isabel Pérez, Concelleira de Cultura, por velo claro dende o principio e a Marcos e a Alex polo traballo canda nós. E tamén graciñas aos concelleiros Demetrio Espinosa e Marta Arribas e a todo o persoal da Concellería de Medioambiente e da Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado. Graciñas a Xabier e Anxo por ese anaco de historia chamada NÓS, pola súas ideas e polo seu apoio. Graciñas a Lois, Ángeles e demais brinquedios por enredar aos cativos e amosarlles que é posible gozar sen enchufes. Graciñas a Rafa Salgado e ao Arquivo Visual Ourensán por estares apoiando a festa dende o principio e por abrirnos os ollos con Ourense no tempo.  Graciñas ao Arquivo Municipal e ao Arquivo de La Región por tan bonitas fotos. Graciñas a Félix e toda a xente de IGAIS por poñer a andar a festa e estar ao pé do canón todo o día. Graciñas a Diego e aos demais membros da Asociación de Esgrima Histórico por ensinarnos as súas artes.  Graciñas a Ana Pérez, á Concelleira de  Benestar de Allariz Mª Pilar Gallego e a todas as mulleres que compartiron con nós a súa sabedoría sobre herbas mediciñais. Graciñas a Manuel Precedo e a todo o colectivo do Cineclube Padre Feijoo por exercer tan ben o oficio de cinematógrafos. Graciñas a Rubén e máis aos Irmandiños de Seixalbo; a Jose Manuel, Carmen e todos os Amigos da República polo apoio e a participación. Graciñas a Susana, Arturo e a todo o persoal do IES Otero Pedrayo por abrirnos as portas do templo académico de Ourense. Graciñas a Begoña Garrido por nos facer sentir auténticos arqueólogos por un día. Graciñas a Emilio e a toda a organización do Centro Comercial Aberto polo seu traballo.  Graciñas a Mercedes Alcalá de Limiar pola ilusión e o ánimo que nos transmitiu. Graciñas a Jose Paz polo seu apoio e a Maribel Outeiriño pola súa ilusión e por ilustrarnos sobre a moda e costumes da época cos seus Catro Tempos. Graciñas a Raúl Pinheiro e a toda a xente da Esmorga, por levarnos de viaxe cos seus contos. Graciñas Juan e toda a tropa de abordo do Picasso pola suor e a simpatía. Graciñas a Bea Hervella polo sol no ceo e polo apoio dende a tele, e graciñas a todos os medios que nos acollestes tan ben. Graciñas a Conchita de Amorín por poñernos tan guapos. Graciñas a Chisco por compartir con nós os primeiros pasos da idea. Graciñas a Natalia e Xúa por querer tanto á Bela Auria e ser motor e inspiración dela. Graciñas a Pablo, Ico e a todos Óscar Allos polo cuarteliño e por ser o espírito da festa.  Graciñas, Lele e Alba, por todo o traballo e por axudar a visualizar a idea e a que quede na memoria. Graciñas, David, Lore e Uxía por currar sen perder nunca o sorriso, e graciñas Carlos Rafael por ser un todoterreo. Graciñas, Marta e Bea polas costuras a costa da dor nas costas e pola boa atención aos visitantes. Graciñas a Ángel e Pepe polos arcóns e o trampantollo e  parabéns, xunto con Susana, por Julia, que naceu coa sorte da Bela Auria. Graciñas a Carlos por deslombarse con nós,  a Reis por aturarnos e levalo todo con sentidiño e a Antía porque será unha das organizadoras dentro de 20 anos.

E todos a pensar dende xa na Bela Auria do ano que ven. Comentarios e correos sexan benvidos.

Advertisements

Un comentario en “graciñas e a pensar na do ano que ven

  1. Xa teño moitas ideas na cabeza para o próximo ano…
    Grazas a todos por colaborar con estes tolos ourensáns que aman tanto a súa cidade.
    Teremos unha nova festa para o próximo ano moito mellor… esperamos falar con todos para que fagades unha análise do que foi esta 1ª Edición.
    Un saudo belauriano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s