Se por algo se caracterizou a época que A Bela Auria quere revivir foi pola fertilidade cultural que existía na cidade. En cada café, praza, recuncho ou salón acontecían tertulias, charlas, conferencias, concertos, recitais ou exposicións. Este selo cultural mantense ao longo do tempo ata os nosos días. Vivo grazas ás institucións que perduran no tempo dende aquela, pero tamén grazas a unha tradición cultural que trascendeu ata os nosos días. Un exemplo disto último son as moitas asociacións e colectivos que existen na cidade, como A Esmorga, un dos máis activos e comprometidos. Este centro social, de nome blancoamoriano, traballa con empeño e espírito positivo a prol da lingua, da cultura, do medioambiente e da solidariedade. Dende o seu local da rúa Telleira lanzan incesantemente propostas do máis diverso que contribúen a manter viva a chama da ourensanidade cultural no século XXI.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s