Xa falta menos para coñecer todos os detalles da festa histórica de Ourense. O cando, o onde, o como e o porqué, pronto nesta web e anunciado por toda a cidade. De momento vaian pensando, ourensás e ourensáns, nas galas que lucirán este día tan especial que nos fará sentirnos máis orgullosos da nosa Bela Auria. Que non teñen ideas sobre que poñerse? Pasen pola nosa sección de vesitmenta, que está fornecida por un dos máis activos colaboradores que esta festa está ten: Ourense No Tempo. Un blog que é algo máis ca simplemente unha páxina con entradas diarias. É toda unha declaración de amor a Ourense, unha referencia para nostálxicos, historiadores, simples aficcionados e, en xeral, para toda a cidadanía ourensá que quere coñecer a súa singular historia a través do tempo. Gracias ao incansable labor dos membros do Arquivo Visual Ourensán estamos a coñecer nestes días detalles sobre o xeito de vestir dos nosos devanceiros. Así que non o dubide máis e poña a súa imaxinación a andar, rebula no armario, tome medidas no seu xastre ou modista, que os anos 20 e 30 xa están de volta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s